Vacaciones en A Costa da Morte | Turismo en A Costa da Morte | Guía Turística de Costa da Morte
  • Volver a ACostaDaMorte.info
  • Blog
  • Menú Blog

​​O RECEITARIO “COCIÑA DE ABORDO” DE PEREIRA

11/1/2022

0 Comentarios

 
Imagen
Imagen
​​O RECEITARIO “COCIÑA DE ABORDO” DE PEREIRA CHEGA AO ALBERGUE DE PEREGRINOS JUAN MANUEL LÓPEZ-CHAVES
A representante autonómica, que cifrou en preto de 2.000 os peregrinos que fixeron estancia no albergue vigués, apostou por aproveitar o tirón do Camiño Portugués da Costa e a oportunidade que supón o Xacobeo para dar a coñecer a gastronomía galega
Vigo, 7 de xaneiro de 2021.- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, recibiu de mans de José Enrique Pereira e Ruy Andrade, conselleiro delegado e director de comunicación do Grupo Pereira, 150 exemplares do seu receitario “Cociña de Abordo”, que baixo o título de “Gastronomía no Camiño de Santiago: 12 receitas con pescado e marisco”, brinda homenaxe na súa 16ª edición aos pratos do mar que os peregrinos de épocas medievais incluían nas comidas.
Un xesto por parte do grupo pesqueiro vigués que a representante autonómica enmarcou na aposta dos hostaleiros, comerciantes e empresas da cidade de Vigo de aproveitar o tirón do Camiño Portugués da Costa e a oportunidade que supón o Xacobeo para dar a coñecer a gastronomía galega. “A nosa cociña representa un valor diferencial que debemos por en valor como un dos nosos grandes atractivos para camiñar a Galicia”, sinalou Fernández-Tapias.
Os 150 exemplares estarán dispoñibles de balde para aqueles peregrinos que fagan parada no albergue Juan Manuel López-Chaves que, segundo informou a delegada, acolleu desde a súa apertura o pasado mes de xullo a preto de 2.000 peregrinos procedentes dunha trintena de países.
Pola súa banda, Ruy Andrade, director de comunicación de Pereira Produtos do Mar, indicou que con esta entrega a empresa quere celebrar a recente apertura do primeiro albergue de peregrinos na cidade. “Non podiamos 
celebrar de mellor maneira esta apertura de ano que compartindo cos hóspedes o noso receitario, un tributo á gastronomía do Camiño de Santiago, aos peregrinos e á historia”, sinalou, para engadir que “esperamos que cada visitante que pase por este albergue viva a experiencia xacobea e leve consigo un destes exemplares, para gozar na súa volta a casa das receitas que contén este documento histórico”. 
0 Comentarios



Deja una respuesta.

INFORMACIÓN TURÍSTICA
DE GALICIA

Teléfonos: 
Desde Galicia:  012
Desde fuera de Galicia: ​981 900 643 - 902 112 000
E-Mail: 012@xunta.es

INCLUYA SU NEGOCIO

Añadir negocio | Modificar negocio | Eliminar negocio
A Costa da Morte

PUBLICIDAD

​Velázquez Moreno 9 Planta 7,
oficina 
16. 36201 Vigo ( Pontevedra )
E-Mail: [email protected]
​Tarifas publicidad | Solicitar publicitarse
​Descargar Folleto Publicidad
Catering Vigo | Catering Rías Baixas | Cursos Tablet | Cursos Online Bonificados  |  Tarjeta Fidelity | Best Choice  |  Consola
© COPYRIGHT 2016. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS. Aviso legal . Política de privacidad . Política de Cookies . Condiciones generales  
Agrupación Galicia
  • Inicio
  • ORGANIZA TU VIAJE
    • Guía de establecimientos
    • Cómo llegar
  • Destinos
    • A Laracha
    • Cabana
    • Camariñas
    • Carballo
    • Carnota
    • Cee
    • Corcubión
    • Dumbría
    • Fisterra
    • Laxe
    • Malpica
    • Mazaricos
    • Muxía
    • Ponteceso
    • Vimianzo
    • Zas
  • CONOCE
    • Historia y leyendas
    • Fiestas
    • Gastronomía
  • QUE VER
    • Faros y cabos
    • Playas
    • Patrimonio
    • Naturaleza
    • Museos
  • QUE HACER
    • Actividades
    • Ocio
    • Compras
    • BIenestar
    • Rutas
  • Servicios
  • testnoticias