Vacaciones en A Costa da Morte | Turismo en A Costa da Morte | Guía Turística de Costa da Morte
  • Volver a ACostaDaMorte.info
  • Blog
  • Menú Blog

FESTIVAL SABORES ATLÁNTICOS | A CORUÑA

23/4/2018

Comentarios

 
A Coruña celebrará co novo Festival SAL, que terá lugar entre o 15 e o 17 de xuño, “a oferta gastronómica da cidade e a calidade dos seus produtos”
​

Alberto Lema destaca que o festival nace para poñer en valor a cociña atlántica coruñesa e converter a cidade no “referente gastronómico do noroeste da Península”.

O evento, que se fará na explanada do Parrote, contará con degustacións, catas, exhibicións de cociña, obradoiros, charlas e actividades infantís, entre outras. Os locais de restauración da cidade e food trucks galegas que queiran participar poden inscribirse de maneira
gratuira no web ata o 11 de maio
​

A Coruña, 20 de abril de 2018.- A Coruña contará desde este ano cun novo encontro para resaltar a gastronomía atlántica da cidade. O Concello impulsa, a través do Consorcio de Turismo, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño na explanada do Parrote. O evento contará con exhibicións de cociña, obradoiros, degustacións, zona de camións de comida ou actividades infantís, entre outras moitas. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que preside tamén o Consorcio, destacou “que este festival é un paso máis para converter A Coruña no gran referente turístico gastronómico de Galicia e do noroeste da Península”. “A oferta gastronómica da cidade é un dos nosos máis fortes reclamos, non só pola calidade da nosa cociña senón tamén pola dos nosos produtos, pos iso este evento servirá tamén para destacar o sector produtivo”, indicou Lema. Deste xeito, o festival servirá “para a posta en valor da cociña atlántica, tanto na súa vinculación ao mar como dos produtos da horta, a través da reinvindicación da forza e o futuro das actividades pesqueiras e do rural galego, así como as novas formas de agricultura, gandeiría, pesca e produción acuícola sostible”.

Tal e como explica o concelleiro, “a restauración da Coruña terá un papel relevante no festival para expoñer a actual cociña da cidade, na que se dá cabida tanto á tradición como aos novos formatos e que reivindiquen a nosa gastronomía atlática de carácter único”. Neste sentido, a xerente do Consorcio, Lanzada Calatayud, indica que este evento “tamén responde a unha demanda histórica do sector gastronómico da cidade”. Os locais de restauración da Coruña e as food trucks de ámbito galego que queiran participar no evento poden inscribirse dende hoxe de maneira gratuira no web www.festivalsal.es ata o 11 de maio. Os postos asignaranse tendo en conta tanto a orde de solicitude como a proposta. Seleccionaranse un máximo de 18 puntos de venda e cinco food trucks. “Este festival vén a completar os eventos gastronómicos da cidade, algúns de impulso municipal como o Boucatise, as xornadas Lacónicas ou Tapas Picadillo ou outros que acollemos e cos que colaboramos como o Fórum Gastronómico, o Bo en boca ou o Sherry Festival, que non só atraen a un destacado número de visitantes senón que serven para aportar dinamismo ao sector”, incidiu Lema. O festival contará co apoio do colectivo Coruña Cociña e de marcas como Estrella Galicia, 1906 e Magma de Cabreiroá.

O Festival SAL Sabores Atlánticos contará con produtores e produtoras, cociñeiros e cociñeiros máis recoñecidos da rexión atlántica, así como un amplo abano de actividades que permitirán descubrir a riqueza e singularidade da nosa gastronomía. Están previstas degustacións, catas e exhibicións de cociña e cargo de profesionais de primeira liña e Estrellas Michelin, pero tamén outras actividades que permitirán coñecer máis de cerca a cociña atlántica como obradoiros e charlas. O programa, que se presentará en vindeiras datas, completarase con actividades para os nenos e as nenas, un espazo para produtores, zona de food trucks e concertos.

Imagen
Comentarios

    BLOG

    Entérate de las noticias, actividades, fiestas y eventos de la Costa da Morte. Síguenos en nuestras redes sociales y no te pierdas ningún post.

    ArchivOs

    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Octubre 2021
    Septiembre 2021
    Agosto 2021
    Julio 2021
    Diciembre 2020
    Septiembre 2020
    Marzo 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Julio 2019
    Junio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Septiembre 2018
    Agosto 2018
    Julio 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017
    Septiembre 2017
    Agosto 2017
    Julio 2017
    Mayo 2017
    Enero 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Septiembre 2016
    Agosto 2016
    Julio 2016
    Junio 2016
    Mayo 2016
    Abril 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015
    Octubre 2015
    Septiembre 2015
    Agosto 2015
    Julio 2015
    Junio 2015
    Abril 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Enero 2015
    Diciembre 2014
    Noviembre 2014

    CategorÍAs

    Todo

    Canal RSS

INFORMACIÓN TURÍSTICA
DE GALICIA

Teléfonos: 
Desde Galicia:  012
Desde fuera de Galicia: ​981 900 643 - 902 112 000
E-Mail: 012@xunta.es

INCLUYA SU NEGOCIO

Añadir negocio | Modificar negocio | Eliminar negocio
A Costa da Morte

PUBLICIDAD

​Velázquez Moreno 9 Planta 7,
oficina 
16. 36201 Vigo ( Pontevedra )
E-Mail: [email protected]
​Tarifas publicidad | Solicitar publicitarse
​Descargar Folleto Publicidad
Catering Vigo | Catering Rías Baixas | Cursos Tablet | Cursos Online Bonificados  |  Tarjeta Fidelity | Best Choice  |  Consola
© COPYRIGHT 2016. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS. Aviso legal . Política de privacidad . Política de Cookies . Condiciones generales  
Agrupación Galicia
  • Inicio
  • ORGANIZA TU VIAJE
    • Guía de establecimientos
    • Cómo llegar
  • Destinos
    • A Laracha
    • Cabana
    • Camariñas
    • Carballo
    • Carnota
    • Cee
    • Corcubión
    • Dumbría
    • Fisterra
    • Laxe
    • Malpica
    • Mazaricos
    • Muxía
    • Ponteceso
    • Vimianzo
    • Zas
  • CONOCE
    • Historia y leyendas
    • Fiestas
    • Gastronomía
  • QUE VER
    • Faros y cabos
    • Playas
    • Patrimonio
    • Naturaleza
    • Museos
  • QUE HACER
    • Actividades
    • Ocio
    • Compras
    • BIenestar
    • Rutas
  • Servicios
  • testnoticias